Ioga e Pilates para corpos reais. Práctica que se adaptan a ti, respetuosas cos teus límites, as túas lesións e o teu estado xeral, físico, enerxético e anímico.
Unha práctica milenaria que utiliza posturas físicas, estiramentos, respiración, meditación e técnicas de relaxación para calmar a mente e as emocións, relaxar o corpo e atopar espazo para conectar coa túa esencia.
Sistema de adestramento físico que busca o desenvolvemento da musculatura interna, sobre todo do tronco, para manter o equilibrio corporal e dar estabilidade e firmeza á columna.
Exercicios de fortalecemento, estiramentos, mobilidade articular e técnicas posturais, tanto das propias costas como das estruturas adxacentes, pernas, brazos, caixa torácica e cabeza que axudan a previr e aliviar as lesións e tensións nas costas.
Método de traballo sen impacto para dar ton e flexibilidade a todos os músculos do corpo e mobilizar as articulacións. Tamén se traballa o equilibrio e a coordinación.

Crecín rodeada de natureza, nunha aldea da montaña galega, e por iso é moi importante para min a conexión coa terra, as fragas, o mar e o aire puro.
Comecei a practicar Ioga regularmente no ano 2005 e,dende entón, converteuse no meu camiño de aprendizaxe e evolución, tanto a nivel persoal como profesional.