Beneficios da práctica de ioga

Beneficios da práctica de ioga

Na práctica do Ioga trabállase en conxunto para estirar e fortalecer o corpo, aprender a respirar conscientemente, calmar os pensamentos, calmar as emocións e harmonizar a enerxía interna.

  • Mellora a respiración. Unha respiración profunda, ampla, silenciosa e consciente que nos axuda a relaxar e interiorizar.
  • Axúdanos a reducir os niveis de cortisol (a hormona relacionada co estrés), que pode provocar cambios de humor, aumento da presión arterial, insomnio, problemas dixestivos, aumento dos niveis de azucre e colesterol.
    Imaxina os efectos do estrés durante un longo período de tempo… e como practicar Ioga dáche a posibilidade de regularte internamente, aprendendo diferentes técnicas de respiración e relaxación para reducir os niveis de estrés e ansiedade.
  • Aumenta a flexibilidade. Axúdache a previr as lesións e a dor causada pola tensión e as malas posturas.
  • Mellora o equilibrio e a coordinación.
  • Fortalece os músculos e ósos, corrixe as malas posturas e estimula a propiocepción.
  • Equilibra o sistema nervioso, favorecendo a relaxación, a concentración e a atención.
  • É un exercicio de baixo risco.
  • Aumenta a confianza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*